CRTVG

Buscar

O Goberno turco permitirá a saída do material sanitario español retido

Publicado o 04/04/2020 21:45

O que segue retido é o material que Turquia bloqueu días atrás e que tiña como destino comunidades como Castela-A Mancha e Navarra. A ministra de exteriores anunciaba hai uns minutos que o Goberno turco vai permitir nas vindeiras horas a saída destes 150 respiradores con destino a España. Asegura que foi o froito dunha diplomacia discreta e a consideraciòn e xenerosidade das autoridades turcas. Este movemento chega despois de que desde os gobernos autonómicos de Navarra e Castela-A Mancha lle pedisen ao goberno español unha queixa diplomatica e unha resposta contundente. Unha reacción que tamén demandaban desde o Partido Popular: poñíalle voz a esta demana a deputada galega Valentina Martinez.

Noticias web

04/04/2020