CRTVG

Buscar

O Goberno traballa xa na repatriación dos españois que permanecen en Wuhan

Publicado o 27/01/2020 11:35
O Goberno traballa xa na repatriación dos españois que permanecen en Wuhan

A ministra de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, Arancha González Laya, comunicou nun chío que están traballando co ministro de Sanidade, Salvador Illa, o consulado en Pequín, a embaixada española na China e as autoridades chinesas e europeas para repatriar a vintena de españois en Wuhan.

Xa son 81 mortos  e máis de 2.700 infectados. Hai 461 pacientes en estado grave e 51 persoas foron dadas de alta.

O virus prosegue a súa expansión fóra da China: Tailandia, O Xapón, Corea do Sur, Taiwán ou O Nepal. En Europa hai tres casos confirmados en Francia desde o venres. 

A comisaria de Saúde da Unión Europea, Stella Kyriakides, convocou hoxe unha reunión do Comité de Seguridade Sanitaria para "discutir a resposta e necesidades" á emerxencia do novo andazo de coronavirus. 

A OMS dixo o xoves que era "demasiado cedo" para declarar a emerxencia de saúde pública internacional.