CRTVG

Buscar

O Goberno reitera que as pensións subirán o 0,9% o ano vindeiro

Publicado o 28/12/2019 20:42

A ministra de Traballo saíu ao paso das insinuacións sobre unha posible conxelación das pensións. Magdalena Valerio foi taxativa ao afirmar que subirán, como estaba previsto, pero só a partir da conformación dun novo Goberno.

"Estamos en funcións. Considerouse razoable non subir as pensións agora, no real decreto lei que se aprobou o venres, pero en todo caso, cando se suban as pensións canto antes, que espero que teñamos goberno canto antes en plenitude de funcións... en canto teñamos goberno, as pensións vanse subir o 0.9% con efecto retroactivo desde o día 1 de xaneiro de 2020", sinalou a ministra.

Magdalena Valerio insistiu en que o Índice de Prezos ao Consumo real seguirá a ser o baremo de referencia no aumento das pensións: "A garantía que poden ter os pensionistas deste país é que o compromiso do goberno en subir as pensións segundo o IPC real de cada ano é unha vontade e unha decisión inquebrantable".

A titular de Traballo salientou que en 2019 todas as pensións gañaron capacidade adquisitiva.
 

Noticias web

28/12/2019