CRTVG

Buscar

O Goberno reforma a poxa de enerxías renovables

Publicado o 23/06/2020 15:09

O Goberno presentou hoxe un decreto lei para impulsar as enerxías renovables. O executivo quere acabar coa especulación e reducir os trámites burocráticos para a posta en marcha de parques renovables. Tamén vai cambiar o sistema de subasta deste tipo de enerxía e agardan que isto repercuta na factura da luz dos consumidores.

Para a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, "é urxente que contemos cun sistema que substitúa o marco anterior de primas por un novo sistema que ofreza ao promotor un prezo de enerxía a longo prazo que, de feito, será máis barato que o do mercado de hoxe", sinalou na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Noticias web

23/06/2020