CRTVG

Buscar

O Goberno recorre contra o toque de recollida ás 20:00 fixado por Castela e León

Publicado o 17/01/2021 11:37

En Salamanca a Policía informaba os cidadáns da entrada en vigor do adianto do toque de recollida ás oito da tarde e animábaos a marcharen para a casa. A medida aprobada polo Goberno de Castela e León nun intento de frear os contaxios, descontrolados na comunidade autónoma, comezou a aplicarse este sábado, pero a derradeira palabra teraa o Tribunal Supremo.

O executivo central considera que esta restrición non está amparada polo estado de alarma e solicitoulle á Avogacía Xeral do Estado que interpoña un recurso Contencioso Administrativo.
O Ministro de Sanidade mantén que a revisión da franxa horaria do toque de queda, que tamén solicitaron outras comunidades autónomas, ten que facerse con garantias legais.

O nivel de contaxios increméntase en toda España. A incidencia acumulada sitúase por riba dos 575 casos por cada cen mil habitantes fronte aos 201 que rexistraba hai un mes.

Medra tamén a presión hospitalaria. En Castelló xa botan man do hospital de campaña, onde crearon unha sala de preingreso para os pacientes estables con coronavirus. Nesta terceira vaga, as comunidades autónomas endurecen as restricións e a vixilancia. Andalucia decretou o peche perimetral de todas as provincias e de algo mais de 200 concellos que teñen unha incidencia superior aos 500 casos. O comercio e a hostalaría pechan ás seis e as reunións están limitadas a catro persoas.

En Aragón, os establecementos comerciais non esenciais cerran ás seis da tarde dende o venres ao domingo.

E en Euskadi, a Policía detivo 18 perosas e abriu 735 actas por incumprimento das restricións.