CRTVG

Buscar

O Goberno recorre a indemnización á familia de José Couso

Publicado o 04/03/2020 15:09

O Avogacía do Estado, que depende do Goberno, recorreu contra a indemnización á familia do galego José Couso, o cámara de televisión que morreu en Iraq en 2003 por disparos estadounidenses.

A Audiencia Nacional condenara o Estado a pagarlles á viúva e aos dous fillos 182.000 euros por omisión de protección diplomática. A ministra de Exteriores reuniuse con eles para explicarlles por que recorren esa decisión.

Di que non é polo seu caso concreto, senón porque a sentenza abriría unha vía inasumible para o Estado.

Noticias web

04/03/2020