CRTVG

Buscar

O Goberno quere incentivar os plans de pensións de empresa e endurecer as prexubilacións

Publicado o 05/03/2020 13:20

Primeira comparecencia do ministro de Seguridade Social na Comisión do Pacto de Toledo. O Goberno pretende endurecer as prexubilacións voluntarias. E tamén quere trasladar os incentivos fiscais dos plans de pensións individuais cara a plans de empresa procedentes da negociación colectiva.

Di Escrivá que ese sistema permite complementar as rendas dos que máis o precisan e que está funcionando con éxito en varios países. Tamén en Euskadi, onde xa se potencia.

Con todo, asegura que todos os cambios se estudarán dentro do Pacto de Toledo. Asegura que o sistema da Seguridade Social é sostible na actualidade e que tamén será manexable no futuro cos instrumentos adecuados.

Noticias web

05/03/2020