CRTVG

Buscar

O Goberno provisional de Bolivia acusa a Morales de terrorismo e sedición

Publicado o 22/11/2019 18:51

O e-xpresidente boliviano Evo Morales foi acusado este venres formalmente de delitos como terrorismo e sedición polo Goberno interino de Bolivia, de acordo con "probas" como un vídeo en que se escoita a que parece ser a súa voz para supostamente incitar a bloqueos de cidades no país. A denuncia contra Morales, asilado en México, foi presentada na fiscalía da Paz polo ministro interino de Goberno (Interior), Arturo Murillo. 

O ministro dixo aos medios que o Goberno da presidenta provisional boliviana, Jeanine Áñez, pide as máximas penas por estes delitos. As penas por terrorismo en Bolivia van de quince a vinte anos de prisión e a sedición está penada cun a tres anos de cárcere. "As probas están claras", defendeu Murillo, en referencia a un vídeo en que se escoita unha voz atribuída a Morais, cuxa autenticidade non foi demostrada por fontes independentes A voz, por teléfono supostamente desde México, incita a un dirixente cocalero en Bolivia a manter bloqueadas as cidades.

Noticias web

22/11/2019