CRTVG

Buscar

O Goberno prevé implantar a app Radar Covid en setembro

Publicado o 04/08/2020 08:37

O Goberno prevé para dentro de mes e medio a implantación xeneralizada da aplicación de móbil Radar Covid. Nas Canarias e nas Baleares podería adiantarse.

É unha app de rastrexo pra frear a propagación dos contaxios de coronavirus. Foi presentada como unha aplicación anónima e voluntaria que localiza os teléfonos móbiles das persoas que tiveron contacto estreito con alguén infectado de COVID-19.

Segundo explicou a secretaria de Estado de Dixitalizacion e Intelixencia Artificial, Carmen Artigas, a proba piloto con Radar Covid deu resultados altamente satisfactorios. Unha das razóns sinaladas é que dobra a capacidade de detección que proporcionan os equipos de rastrexadores, pois localiza 6,4 contactos estreitos, fronte a 3,5.

 

Noticias web

04/08/2020