CRTVG

Buscar

O Goberno non emprenderá accións contra a familia polo berro de "viva Franco!"

Publicado o 25/10/2019 20:41

O Goberno evitou este venres polemizar co "viva Franco!" que a familia do ditador proferiu no Val dos Caídos minutos antes de que o féretro abandonase ese lugar porque "o esencial" é que os actos de exhumación e inhumación se efectuaron" en tempo, forma e con toda a dignidade democrática propia" dun país como España. 

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a ministra portavoz, Isabel Celaá, precisou que o gabinete de Sánchez non falou na súa reunión deste venres da posibilidade de emprender accións contra a familia Franco neste sentido. 

"Os vivas dalgunha xente están aí e non imos entrar neles", sinalou Celaá, que incidiu no feito de que todo se fixo con "respecto á privacidade da familia e aos cidadáns do país", que puideron ser testemuñas da saída de Franco do Val a través da retransmisión.