CRTVG

Buscar

O Goberno lembra o 23-F cun acto institucional presidido por Filipe VI

Publicado o 23/02/2021 09:59

Fai corenta anos do intento de golpe de estado do 23-F  e hoxe un acto no Congreso dos Deputados, presidido polo rei Filipe VI, lembrará a efeméride. A vicepresidenta socialista Carmen Calvo encadra esta conmemoración dentro do compromiso do Goberno coa memoria democrática, como política de Estado.

Co Rei estarán o presidente do Goberno, os catro vicepresidentes, os membros da mesa do Congreso, o líder da oposición, Pablo Casado, representantes das insitucións do Estado e os dous pais da Constitución que quedan vivos, Miquel Roca e Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón, a quen onte mesmo recibiu o monarca. 

O evento ten un número reducido de convidados, trinta, entre eles os portavoces dos grupos parlamentarios. Sete partidos declinaron acudir: Esquerra Republicana, o PNV, Bildu, Junts, a CUP, Compromís e o BNG.

Tras o acto de aniversario do 23-F, o pleno do Congreso debaterá a inviolabilidade do xefe de Estado, unha votación que podería dividir os socios de goberno. A proposición non de lei, que presentou Esquerra en xullo, insta, ademais, a retirarlle o aforamento a Xoán Carlos I e outros membros da familia real. 

Noticias web

23/02/2021