CRTVG

Buscar

O Goberno eleva as axudas para compensar os custes de emisións das industrias electrointensivas

Publicado o 25/10/2019 19:02


Pequeno balón de osíxeno para Alcoa e para outras factorías electrointensivas. O Consello de Ministros en funcións duplica as compensacións polos gastos derivados das emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro. En marzo aprobara 91 millóns. Agora amplía esa contía ata os 172.

"Nin máis nin menos esto significa que se axuda ás empreas españolas, fundamentalmente ás electrointensivas que teñen moito gasto en electricidade, na transición enerxética", di  Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións,.

Desde a Xunta de Galicia din que esta medida non é unha solución para Alcoa San Cibrao. "O Goberno está facendo cálculos electorais, está facendo política cos traballadores de Alcoa e creo que é impropio dun goberno. O que ten que dicir o Goberno é realmente se vai poñer a disposición de Alcoa San Cibrao un prezo eléctrico competitivo, entre 35-40 euros megavatio, para que estea en igualdade de condicións con respecto ao resto de países europeos", afirma Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria.

O conselleiro tamén se laiou de que o executivo de Pedro Sánchez aínda non respondera á proposta feita pola Xunta que inclúe unha serie de medidas, a maioría fiscais, destinadas a que as empresas como Alcoa poidan ter a electricidade a un prezo competitivo.

 

Noticias web

25/10/2019