CRTVG

Buscar

O Goberno impulsará unha comisión para equilibrar o prezo das peaxes

Publicado o 04/01/2019 08:23

O Goberno pretende evitar as grandes diferenzas entre as peaxes que se pagan nos distintos territorios, como as que padecen os usuarios da AP-9, entre as máis caras de España, e outras en que se circula de balde.

A ministra de Economía, Nadia Calviño, anunciou que se vai crear unha comisión específica no Congreso dos Deputados para estudar fórmulas que permitan equilibrar os prezos das autoestradas a nivel estatal. Calviño dixo que se terán que conxugar varios obxectivos: pagar os custos de mantemento, respectar o medio natural, favorecer a competitividade e que todos os cidadáns sexan tratados igual.

A ministra comprometeuse a trasladarlle ao ministro de Fomento a queixas dos usuarios polo encarecemento das peaxes.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019