CRTVG

Buscar

O Goberno galego di que está en alerta e preparado para a prevención do virus

Publicado o 06/03/2020 09:34

Alberto Núñez Feijóo asegura que o Sergas traballa dende o primeiro minuto para estar preparado fronte ao coronavirus, primeiro en persoal, con 60 profesionais que están recollendo mostras ou facendo probas. E agora reforzando con material. Compráronse novos equipos de ventilación para as urxencias, ventiladores volumétricos para as unidades de críticos, ventiladores para o traslado de doentes dos hospitais comarcais aos de referencia, equipos portátiles de raios X para pacientes illados e máscaras.

Alberto Núñez Feijóo. Presidente da Xunta de Galicia: "Son 70 equipos para hospitais e ambulancias, cun custo de dous millóns de euros, que xa chegaron a destino ou están a piques de ser recibidos co obxectivo de estar preparados para a mellor atención e para reducir as posibilidades de contaxio deste virus". 

Noticias web

06/03/2020