CRTVG

Buscar

A Xunta cre que a intervención é a vía para intentar controlar o gromo na residencia de Tui

Publicado o 13/01/2021 16:46

A xestión deste centro queda agora baixo o control das consellerías de Sanidade e Política Social. O Goberno galego asegura que a intervención é a vía para intentar controlar o gromo na residencia de Tui, o máis afectado de Galicia.

"As consellerías de Sanidade e Política Social decidiron onte intervir a residencia de Tui, dado o elevado número de contaxios. Esta intervención non foi feita, en ningún caso, con ánimo de castigo, senón coa vocación de axudar e de coidar das persoas maiores, con persoal público se é necesario, para que poidan saír adiante", asegurou Fabiola García, conselleira de Política Social.

Noticias web

13/01/2021