CRTVG

Buscar

O Goberno francés prepara medidas con restricións adicionais para París

Publicado o 03/11/2020 14:22

O Ministerio do Interior de Francia precisará nas próximas horas o alcance e duración deste novo toque de recollida nocturno co que se pretende limitar aínda máis a mobilidade en París e a súa área metropolitana.

O toque de recollida entre as 9 da noite e as 6 da mañá xa estivo vixente na capital e a maioría dos departamentos franceses durante dúas semanas en outubro ata que foi substituído polo confinamento.

Segundo o voceiro do Goberno, este confinamento non estaría sendo respectado na rexión parisiense polo que son necesarias restricións adicionais.

"Aínda que a maioría as respectan, é insoportable para moitos que respectan as regras ver que hai outros que non e ter a sensación de que hai unha especie de permisividade".

En Portugal, o incremento diario de contaxios e falecidos levou o executivo a pedirlle ao presidente que volva declarar o estado de emerxencia en todo o país, para o que xa contaría co apoio da maioría do Parlamento.

A proposta prodúcese na véspera de que entre en vigor un confinamento parcial para o 70 por cento dos portugueses, incluídos os habitantes de Lisboa e O Porto.

Nas últimas 24 horas, Alemaña rexistrou algo máis de 15.350 novos infectados e 131 falecidos máis. A incidencia acumulada na última semana sitúase en 120 casos por cada cen mil habitantes, máis da dobre do obxectivo a conseguir coas novas restricións que entraron en vigor este luns en todo o territorio federal.

Noticias web

03/11/2020

Máis sobre actualidade