CRTVG

Buscar

O Goberno francés nega terlle mostrado apoio a Ciudadanos por alcanzar o poder valéndose dos votos de Vox

Publicado o 20/06/2019 19:16

O Goberno francés nega terlle mostrado apoio a Ciudadanos por alcanzar o poder en varias comunidades autónomas e concellos valéndose dos votos de Vox.  Á súa chegada á xuntanza co grupo liberal en Bruxelas, Albert Rivera aseguraba que lonxe de críticas, recibira felicitacións dos seus socios europeos, en particular de Emmanuel Macron. Pola contra, fontes do Elíseo negan que o xefe do executivo francés se pronunciase neses termos nin en público nin en privado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019