CRTVG

Buscar

O Goberno envía unha protesta formal a Venezuela polos insultos de Maduro ao embaixador español

Publicado o 30/10/2020 08:45
O Goberno envía unha protesta formal a Venezuela polos insultos de Maduro ao embaixador español

España envioulle unha protesta formal a Venezuela despois dos insultos que o presidente Nicolás Maduro lanzou ao embaixador español en Caracas.

Maduro chamoulle racista, golpista e colonialista, e acusou o diplomático español de organizar a fuxida do opositor Leopoldo López, que, segundo dixo, vai converter España no epicentro da conspiración contra Venezuela.

O embaixador Jesús Silva vai ser relevado proximamente, aínda que o Goberno español confirmou que rebaixará o nivel da súa representación en Caracas, a onde enviará un encargado de negocios pero non outro embaixador.

Noticias web

30/10/2020