O Goberno encontra a fórmula para unha reforma rápida do CXPX
O goberno atopou a fórmula para unha minirreforma rápida do máximo órgano dos xuíces. Consistirá nunha limitación das capacidades do Consello Xeral do Poder Xudicial e podería aprobarse en tan so 15 días.
Os grupos parlamentarios do PSOE e Unidas Podemos presentaron unha proposición de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que non modifica o mecanismo de elección nin as maiorias necesarias para renovar o órgano de goberno dos xuices pero que limita drasticamente as súas capacidades unha vez rematado e prorrogado o seu mandato, tal e como sucede na actualidade. E, concretamente, limitaría a súa potestade para nomear altas maxistraturas xudiciais, que son cargos vitalicios.
Algúns ven nesta manobra un xeito de facer presión no PP para que asuma o pacto de renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta nova proposición de lei podería entrar no trámite de urxencia e estar aprobada antes de fin de ano, na última semana habil, no pleno dos dias 15 a 17 de decembro.