CRTVG

Buscar

O Goberno e as comunidades abordan o impacto da pandemia na universidade

Publicado o 21/10/2020 20:54
O Goberno e as comunidades abordan o impacto da pandemia na universidade

Goberno e comunidades abordaron esta tarde o aumento de contaxios na contorna universitaria e o seu impacto académico e sanitario. A situación máis complicada está en Granada, Valencia e Cataluña onde suspenderon as clases.

Os conselleiros de Educación e Sanidade destacaron na reunión a baixa incidencia nas universidades galegas e que Galicia é a comunidade que máis test de cribado fai entre os universitarios.

A Xunta tamén se queixou ao Goberno da mala preparación, din, da reunión.

 

Noticias web

21/10/2020