CRTVG

Buscar

O Goberno di que se rebaixan as peaxes na AP-9 terían que compensar a Audasa

Publicado o 18/02/2020 14:54

A concesionaria da AP-9 vai gañar o mesmo aínda que se rebaixen as peaxes, porque o Goberno terá que compensala.

Déixao claro o propio Executivo nunha resposta a Unidas Podemos- Galicia en Común, con data do seis deste mes.

Din que as condicións da concesión están pactadas nun contrato de cumprimento obrigado, que non depende da voluntariedade dun Goberno.

Na mesma resposta parlamentaria tamén recoñecen que a mobilidade en España ten desequilibrios polas peaxes ao haber outras zonas con autoestradas gratuítas.

A AP-9 foi a autoestrada que máis se encareceu en 2020, por terceiro ano consecutivo, e Audasa ten a concesión ata o 2048.

Noticias web

18/02/2020