CRTVG

Buscar

O Goberno aproba un plan para que regresen a España 23.000 emigrantes

Publicado o 22/03/2019 19:30

O Goberno investirá 24 millóns de euros para poñer en marcha o Plan retorno, co que pretende traer a España en dous anos 23.000 persoas que agora mesmo traballan no estranxeiro. Na súa maioría mozos, pero tamén familias que emigraron durante os anos máis duros da crise.
Para incentivar o seu regreso, porá en marcha 50 medidas. Desde bolsas de estudo e investigación ata axudas para emprender, con bonificacións e unha tarifa plana de 60 euros para os que opten por regresar como autónomos.
No plan participaron dez ministerios, comunidades autónomas, concellos e unhas 60 empresas españolas.

Isabel Celaá, portavoz do Goberno: "Entendemos que dalgunha maneira reconcilia e fai xustiza con aquelas persoas que tiveron que marchar durante a crise".

O Consello de Ministros tamén aprobou o regulamento de adopcións internacionais, para axilizar estes procesos e dotalos de máis seguridade xurídica.

Con respecto ao cambio de hora, o Goberno atrasa a decisión ata 2021, xa que a comisión que estuda o tema non chegou aínda a unha conclusión. Así que, de momento, teremos que seguir cos horarios de inverno e de verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019