CRTVG

Buscar

O Goberno defende o pacto con Bildu para garantir o estado de alarma

Publicado o 22/05/2020 20:24

O Goberno di que pactou con Bildu para amarrar os votos que permitisen prorrogar o estado de alarma, despois de que o PP dimitira das súas responsabilidades e Esquerra se empéñase en falar do que non tocaba.

María Jesús Montero, voceira do Goberno, asegura que "o Goberno sentiuse só nesa tarefa"

Montero non aclarou se a derrogación da reforma laboral será íntegral ou parcial, pero quixo tranquilizar os empresarios.

María Jesús Montero, voceira do Goberno, dixo que "a intención do Goberno foi, é e será, a negociación de todas as cuestións laborais no marco do diálogo social"

Pero un dos firmantes do acordo, Pablo Echenique, insistía este venres en que van acabar coa reforma laboral. Fronte a el, o presidente castelán-manchego adheríase a unha Nadia Calviño, que ve tal pretensión absurda.

Emiliano García Page, presidente de Castela-A Mancha quixo "manifestar o meu apoio ao Goberno de España con moita claridade, e particularmente á vicepresidenta, que ten que dirixir a economía e a reconstrución económica do país e ten que defender a España en Europa"

O pacto con Bildu molestou especialmente a PNV. Cren que con tanto cambio de alianzas, Sánchez dificilmente acabará a lexislatura.

Andoni Ortuzar, presidente do PNV, advirte que "o depósito de confianza do PNV no Goberno e en Pedro Sánchez xa ten a luz de reserva acendida"

Pablo Casado cre que España non merece un presidente, di o líder popular, que traizoa os seus socios e engana os seus propios ministros.

Pablo Casado, presidente do PP, "que non se comercie por unha manchea de abstencións cunha medida fundamental para saír desta grave crise económica"

O PP pedirá a comparecencia de Sánchez no Congreso para que explique o pacto con Bildu.

Noticias web

22/05/2020