CRTVG

Buscar

Trump anuncia o peche da fronteira con México a todas as viaxes "non ensenciais"

Publicado o 20/03/2020 18:28

• Confinamento en Nova York e California


 

Trump anuncia o peche da fronteira con México a todas as viaxes "non ensenciais"

O Goberno do presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou este venres un acordo con México para "a suspensión do tráfico non esencial" da fronteira sur co fin de frear a expansión da pandemia do coronavirus. A medida entra en vigor mañá, sábado.

Nunha conferencia de prensa na Casa Branca, o secretario de Estado, Mike Pompeo, sinalou que ambos os dous Gobernos acordaron a restrición do "tráfico non esencial", do que quedará exento o comercio, nun pacto similar ao alcanzado co Canadá esta semana.

Confinamento en Nova York e California

Os casos de coronavirus nos Estados Unidos, segundo os centros para o control e a prevención de enfermidades (CDC, en inglés), superan xa os 10.000 contaxiados e rexistráronse 150 falecidos, aínda que cálculos extraoficiais falan de 14.250 contaxios e 205 mortes.

Neste contexto, o estado de Nova York decretou que todos os empregados de servizos non esenciais deberán deixar de acudir aos seus postos e traballar desde os seus fogares co fin de reducir o ritmo de contaxio.

Mentres, California, que superou onte a barreira dos mil contaxiados, ordenou o confinamento da maioría da poboación (case 40 millóns de persoas), a medida que o país redobra os esforzos contra a pandemia.