CRTVG

Buscar

O Goberno de Asturias pide a axuda urxente da UME para sufocar 77 incendios

Publicado o 03/03/2019 22:09

Preocupación a última hora do domingo en Asturias polos lumes que están a afectar a comunidade. A cifra oficial actualizada ás 9 desta noite fala de 77 focos activos, moitos deles nos concellos do suroeste do principado.

O número de incendios forestais non parou de medrar en toda a tarde, ata o punto de que o Principado pediu a axuda do Goberno. Na zona traballaron hoxe 200 persoas, e a elas hanse sumar mañá outro cento achegado polo administración do Estado e a unidade militar de urxencias.

A situación é moi complexa polos fortes refachos de vento do sur, que fixeron que a cifra de lumes se triplicara nas últimas horas. Hai focos activos nunha trintena de concellos dos 78 municipios que ten a comunidade, aínda que a situación máis complicada é arestora nos de Narcea, Somiedo,Tineo e Allende.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019