CRTVG

Buscar

O Goberno cualifica como "inaceptables" os aranceis de Trump

Publicado o 04/10/2019 19:57

O Goberno ve "inaceptables" as sancións provisionais anunciadas pola Administración de Trump a determinados produtos agroalimentarios europeos, aínda que está "seguro" de que España e Europa saberá responder e fará fronte ás medidas proteccionistas, xa que "Europa tamén é grande e é un dos momentos para demostralo". Así o indicou a portavoz do Goberno en funcións, Isabel Celaá, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, despois de que a Administración de Trump publicase unha lista cos produtos agroalimentarios que poderían sufrir a imposición de novos aranceis, o que en España afectaría a produtos por importe de preto de 1.000 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019