CRTVG

Buscar

O Goberno cancela as viaxes do Imserso desta temporada por mor da pandemia

Publicado o 22/09/2020 15:43

O Goberno acaba de cancelar todas as viaxes do Imserso desta temporada por mor da pandemia. Unha decisión con consecuencias económicas importantes.

Esta decisión supón, segundo as cifras das axencias de viaxes, a perda de 900.000 prazas hoteleiras e 90.000 postos de traballo.

Pero o secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, di que sería insensato que as persoas maiores viaxen neste contexto de pandemia para salvar o sector turístico. Un sector que supón o 12 por cento do PIB.

 

Noticias web

22/09/2020