CRTVG

Buscar

O Goberno e as comunidades acordan crear un grupo de traballo para elaborar recomendacións para "ter un Nadal seguro"

Publicado o 18/11/2020 19:10

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este mércores que o Goberno e os executivos autonómicos acordaron a creación dun grupo de traballo para que no próximo Consello Interterritorial de Saúde se presente un paquete de recomendacións en relación á ponte de decembro e ao Nadal.   

Así o anunciou o propio Illa desde Mérida nunha conferencia de prensa despois de participar na reunión do Consello Interterritorial onde trasladou ás comunidades autónomas a necesidade de acordar medidas para estas datas.   

Illa pediu aos conselleiros autonómicos que expoñan recomendacións para que os anciáns que queiran celebrar o Nadal poidan facelo "con criterios de seguridade" e para que os estudantes que queiran regresar ás súas casas tamén o fagan baixo eses parámetros.  Explicou que este grupo de traballo perfilará os criterios comúns para que aquelas persoas que queiran acudir aos actos relixiosos con motivo do Nadal o fagan baixo "a máxima seguridade posible".

Noticias web

18/11/2020