CRTVG

Buscar

O Goberno aposta por penalizar as prexubilacións e incentivar o atraso do retiro

Publicado o 09/09/2020 20:39

O Goberno prepara novos incentivos para prolongar voluntariamente a vida laboral e penalizar as prexubilacións.  Durante a comisión de seguemento dos acordos do Pacto de Toledo, o ministro José Luís Escrivá augurou un décifict da Seguridade Social do 2% do PIB este ano por mor da pandemia. Porén, considera que volverá aos niveis previos á crise sanitaria no 2023.  Na súa intervención, apostou por unha serie de reformas do sistema de pensións. Entre elas, tentar achegar a idade de xubilación efectiva á real. Para iso, propón penalizar a prexubilación das persoas coas cotizacións máis altas; e incentivar o atraso do retiro.

Noticias web

09/09/2020