O Goberno analiza a petición de compensacións a Audasa pola caída do tráfico da AP-9
A empresa concesionaria da autoestrada AP-9, tivo o ano pasado uns beneficios de máis de 42 millóns de euros. Pero acaba de pedirlle ao Goberno que a compense pola caída do tráfico causada polas restricións. A pelota está en mans do Ministerio mentres os usuarios protestan polo alto custo das peaxes.
Esta reclamación, que xa chegou ao Ministerio de Transportes, enfada os condutores que utilizan case a diario esta vía.
Esa compensación económica, que xa estuda o Goberno, sería para recuperar o que Audasa deixou de recadar por mor dos confinamentos e das restricións implantadas pola covid.
Audasa o ano pasado incrementou o seu beneficio case un 4% situándose como a única autoestrada do Estado con maior volume de tráfico.
Audasa tamén lle reclama ao Goberno galego ampliar o prazo da concesión das autoestradas autonómicas en referencia ás vías A Coruña - Carballo e Vigo - Baiona. A Xunta recentemente denegou estas compensacións.
Agardan que a resposta do Goberno central sexa similar tendo en conta o contexto actual, tanto económico como social, motivado pola pandemia.