CRTVG

Buscar

O Goberno ábrese a estudar propostas de xestión conxunta coas comunidades

Publicado o 11/05/2020 15:26

O Goberno pídelles ás comunidades autónomas que actúen con "máxima cautela" e con "lealdade".

A ministra María Jesús Montero di que entende a decepción dos territorios que seguirán na fase 0, pero insiste en que as decisións se toman en base a criterios sanitarios. 

O ministro de Sanidade destacou na súa comparecencia o bo funcionamento da cogobernación coas comunidades.

Salvador Illa asegurou que mañá estudarán no plenario da interterritorial do Sistema Nacional de Saúde cos conselleiros da Sanidade algunhas das propostas dos líderes autonómicos. O Goberno comprometeuse ademais a estudar "nas vindeiras semanas" fórmulas para abordar a conciliación en familias con nenos, ante o regreso paulatino dos pais aos seus postos de traballo.

Noticias web

11/05/2020