CRTVG

Buscar

O 'ginkgo biloba' de Compostela, con 140 anos, é o exemplar máis lonxevo de España

Publicado o 27/11/2020 21:39

O outono tamén nos deixa imaxes dignas de fotografía. Unha delas pódena atopar no Xardín das Pedras que Falan, en Santiago.

Alí pódese ver unha árbore milenaria de orixe oriental que ten nada menos que 140 anos.

As súas sementes chegaron a Europa desde O Xapón no século XVII. O ginkgo biloba é un auténtico fósil vivente e unha árbore única no mundo.

Considérase unha das especies máis antigas que se coñecen, con máis de 270 millóns de anos de historia.

O exemplar de Compostela é o máis lonxevo de España e leva uns 140 anos plantado no xardín de Fonseca.

O outono é o mellor momento para velo. Así que estes días, se queren gozar dun espectáculo outonal, aproveiten para visitar o Xardín das Pedras que Falan.

Noticias web

27/11/2020