CRTVG

Buscar

O gasto en pensións sobe un 4,96%

Publicado o 24/09/2019 19:54

O gasto en pensións contributivas medrou case un 5% no último ano. En setembro, a Seguridade Social pagou case 9.700 millóns de euros. O avellentamento da poboación e a maior contía destas pagas explica o incremento.

Segundo o Ministerio de Traballo, a paga media de xubilación en España está nos 1.140 euros, mentres que as de viuvez superan os 713 euros mensuais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019