CRTVG

Buscar

O gañador do Nobel de Literatura Peter Handke fala de Galicia nos seus libros

Publicado o 10/12/2019 15:36

Handke é un solitario viaxeiro enfeitizado coa paisaxe baleira de España, que se achegou a Galicia e escribiu sobre ela polo menos en tres libros, nos que define Vigo e A Coruña como cidades que estaban detrás do espello, escribe unha espléndida interpretación do Pórtico da Gloria ou describe o son das pingas nunha folla de lata xunto á Torre de Hércules.

Xosé Luís García Canido, un dos editores galegos do polémico libro sobre Serbia Preguntando entre lágrimas, publicado por Alento, mostra as cartas do Nobel. Handke tamen falou dos peregrinos e incluso de Camilo José Cela e o seu Viaje a la Alcarria. Polo menos estivo dúas veces en Galicia, no 88 e nos 90.

Otra das súas querenzas galegas son os viños.

Polo momento só hai unha tradución de Handke ao galego, Don Xoán (contado por si mesmo), da editorial Sotelo Blanco.

Noticias web

10/12/2019