CRTVG

Buscar

O galego-francés José García, premio Calpurnia de Honra no Festival de Ourense

Publicado o 01/10/2019 21:40

Conta que foi a televisión a que lle deu a fama en Francia, a que serviu para apuntalar unha sólida carreira cinematográfica. Participou en máis de sesenta longametraxes e é unha das grandes estrelas do cinema francés. Hoxe está en Ourense convidado polo Festival de Cine para recibir a Calpurnia de Honra Internacional. Fillo de emigrantes galegos conta que hoxe volta as súas raíces.

José García fala galego porque nunca perdeu o contacto con Galicia. Aquí volve polo menos unha vez o ano, á terra que viu marchar os seus pais hai décadas dende O Carballiño. É un convencido do potencial de Galicia a nivel cinematográfico. Hoxe recibiu con emoción o galardón do Festival de Cine de Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019