CRTVG

Buscar

O Gaiás acollerá un cento de actividades na programación da Cidade da Cultura para o verán

Publicado o 18/06/2019 16:23

Serán un cento de actividades coas que se agardan superar os 50.000 asistentes do ano pasado.

É a carta de presentación da nova edición de Verán no Gaiás, que se desevolverá na Cidade da Cultura ata o vindeiro mes de setembro. A programación arranca co concerto dos Resentidos o próximo día 21, xornada en que se celebra o Día da Música.

Pero durante os próximos meses haberá propostas dirixidas a todos os públicos, con citas xa clásicas como os concertos dos Atardeceres no Gaiás, o encontro de novos artistas, ou a máxica e divertida Cidade Imaxinaria. Sen esquecer unha das novidades desta edición: os campamentos urbanos que se desenvolverán no museo.

 

 

 

Noticias web

18/06/2019