CRTVG

Buscar

O Gaiás acolle a presentación da versión en galego da cantata Carmina Burana

Publicado o 21/09/2019 21:54

O Gaiás acolleu hoxe a presentación da versión en galego da celebérrima cantata Carmina Burana, de Carl Orff. É un proxecto da Banda Municipal de Valga coa participación do coro infantil deste concello e do conxunto vigués Gli Appassionati.

Trátase da primeira tradución ao noso idioma dos textos medievais íntegros que utilizou o autor alemán para compoñer a obra. O concerto, que arrancou cun minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista de Valga, inaugura o ciclo "Viraxes". Dirixido a bandas populares, tenta fomentar a experimentación no eido musical.

Noticias web

21/09/2019