CRTVG

Buscar

O Fuenlabrada viaxou con futbolistas contaxiados: houbo neglixencia?

Publicado o 21/07/2020 16:06

Quen diría que, despois deste recibimento, chegou o inferno. Conversas a pouco máis dunha hora de comezar o partido. Vázquez pegado ao teléfono. O club indignado.

Foi unha noite caótica, disparatada.

Hai moitas dúbidas sobre o Fuenlabrada. Saber como confirman un positivo o sábado, como hai varios o domingo e malia todo o equipo viaxa á Coruña, cando o Boletín Oficial do Estado di que alguén que estea cunha persoa diagnosticada de COVID-19 non pode acudir a un aeroporto. A Liga estóupalle a Tebas na derradeira xornada, meses despois de que el se mofase da Bundesliga.

Neglixencias na derradeira xornada. Un equipo confinado. Outro que está á espera de se descendeu ou non, e a Liga, polo momento, calada.


 

Noticias web

21/07/2020