CRTVG

Buscar

O Fuenlabrada de baloncesto anuncia cinco positivos por COVID-19

Publicado o 09/08/2020 20:11

Os problemas estanse acumulando no baloncesto. A ACB convocou de urxencia unha xuntanza telemática para o vindeiro mércores, despois dos positivos que se coñeceron nas últimas horas.

O Montakit Fuenlabrada anunciou hoxe cinco casos asintomáticos por covid-19 que se atopan en illamento. Non é o único club afectado, xa que tamén hai casos no Gran Canaria, Tenerife, Betis, Baskonia e Estudiantes.

Todo isto cando aínda non se coñece un protocolo concreto de actuación para a vindeira temporada. Xa vemos que o deporte profesional tamén vai ter que resolver moitos problemas nos vindeiros días.

Noticias web

09/08/2020