CRTVG

Buscar

O Foro Económico asegura que atrasar a chegada do AVE pode afectar negativamente a rendibilidade da nosa comunidade

Publicado o 27/01/2020 15:09

Os expertos que participaron esta mañá no Foro Económico de Galicia aseguran que atrasar a chegada do AVE pode afectar negativamente a rendibilidade da nosa comunidade.

O noso país ten 2.800 quilómetros de vías de alta velocidade ferroviaria. A máis extensa, só superada pola China. Con todo, os expertos aseguran que moitas delas non son rendibles. Piden un cambio de modelo de financiamento e que mesmo se faga extensible á rede viaria. Neste senso apóstase por un mellor mantemento das estradas e a non supresión das peaxes cun sistema de tarificación similar en toda España.

Porén apostan por un novo modelo que frene os novos investimentos e aposte por un adecuado mantemento das infraestruturas xa existentes.

Noticias web

27/01/2020