CRTVG

Buscar

O Fondo Monetario Internacional mellora as previsións de crecemento para España

Publicado o 23/07/2019 19:50

O Fondo Monetario Internacional mellora as previsións de crecemento para España. Prevé que a economía medre un 2,3% este ano. Trátase de dúas décimas máis do previsto inicialmente. Esta revisión á alza coincide coa estimación feita pola Comisión Europea hai unhas semanas.

Segundo estes datos, España crecerá un punto máis que o conxunto da zona euro. Para o ano vindeiro a previsión de crecemento é máis moderada, do 1,9%.


 

Noticias web

23/07/2019