CRTVG

Buscar

O fillo da muller que apareceu morta en Teruel confesa que a asfixiou para cobrar a pensión

Publicado o 20/06/2019 19:28

O fillo da anciá morta en Pozondón, en Teruel, confesou ante o xuíz que a asfixiou e que non dixo nada para seguir cobrando a pensión. O xulgado ordenou a reconstrucción dos feitos e levouna a cabo a Garda Civil na casa familiar onde se produciu o crime. Nesa reconstrucción participaron o fillo da anciá e tamén a filla, ambos detidos. Poden ser acusados dun delito de asasinato e outro de fraude á Seguridade Social. O cadáver apareceu no interior dun armario da vivenda, aínda que o crime se puido cometer hai xa un ano.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019