O filial do Celta xogará a eliminatoria de permanencia
Publicado o 20/05/2019 16:55
E o filial vivirá dúas semanas de angustia. Jumilla, Alcoiano ou Real Unión o rival, na eliminatoria para non descender. Non se deron os resultados que favorecían o Celta e aínda por riba o cadro de Rubén Albés non estivo acertado. Caeu co Salamanca por dous-un. Despois de dúas campañas xogando para ascender, o Celta B terá que afrontar unha batalla diferente.
O Alondras xogará a fase de ascenso a 2ºB
Na terceira división, este gol do xogador do Alondras Aitor Díaz mete o conxunto de Cangas na fase de ascenso a segunda B. Acompañará a Rácing de Ferrol, Bergantiños e Compostela no sorteo que se vai celebrar hoxe pola tarde en Madrid.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 16:52
03/03/2021 16:44