CRTVG

Buscar

O festival O Son do Camiño celebrarase despois do verán

Publicado o 10/04/2020 09:57

A crise sanitaria deixa un goteo incesante de actos culturais cancelados. Esta vez tócalle a quenda ao Son do Camiño, que se atrasa ata despois do verán.

A organización non ve posible a súa celebración a finais do mes de xuño, como estaba programado, e busca datas no último trimestre do ano. O Son do Camiño, que vendeu todas as entradas en só unhas horas, é unha das grandes citas musicais do ano.

Noticias web

10/04/2020