CRTVG

Buscar

O Festival Mar de Mares da Coruña busca concienciar para coidar os océanos

Publicado o 24/09/2020 21:36

Premio Nacional de Fotografía e gañadora de dous World Press Photo Isabel Muñoz trae á Coruña unha mostra de 12 fotografías de gran formato realizadas entre 2016 e 2020. As augas do Mediterráneo dan vida á serie Auga, un berro de socorro ante un mar que se desangra cos residuos que o asfixian.

No Xapón, a ollada de Isabel contou coa colaboración da campioa de apnea e documentalista submarina xaponesa Ai Futaki para plasmar os perigos que ameazan os océanos.

Este venres, a propia Isabel e a xaponesa Ai contarán a súa experiencia na Coruña dentro do Festival Mar de Mares.

Noticias web

24/09/2020