CRTVG

Buscar

Comeza en Santiago o festival de música Feito á man

Publicado o 11/08/2020 21:35

O festival de música compostelán Feito á man sobrevive á pandemia e comeza hoxe unha nova edición. Con formato reducido, medidas de seguridade e bandas principalmente galegas, o máis variado da música resiste en Santiago para seguir sendo sinal de identidade do verán compostelán.

Cantaban os vigueses Siniestro Total aquilo de Y bailaré sobre tu tumba, a nova versión do festival de música compostelán Feito á man obríganos a estar sentados, separados, enmascarados. Pero de bailar case bailariamos sobre as tumbas. A pandemia mudou espazos. A maioría das rúas, prazas e terrazas deixaron paso a un palco único: o cemiterio do parque de Bonaval.

Unha soa semana de festival, dúas bandas cada noite, todas galegas e cunha ocupación limitada, pouco máis de 200 persoas, dispostas a gozar da música malia as limitacións.

O blues dos composteláns Bakin Blues Band repite no Feito á man e mestúrase co rock sen concesións de Stormy Trucks, encargados de abrir o festival.

Isto é só o comezo, de aquí ao sábado máis rock, funk, jazz, ou folk neste tan especial Feito á man.

 

 

 

 

Noticias web

11/08/2020