CRTVG

Buscar

Carlos Blanco, Nieves Rodríguez e Pilar Comesaña, premiados no Festival de Cans

Publicado o 27/03/2019 14:11
Carlos Blanco, Nieves Rodríguez e Pilar Comesaña, premiados no Festival de Cans

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco e a Asociación Arela concédelle o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico. Entre os motivos deste recoñecemento están "a súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación e pola súa disposición a traballar con creadores e creadoras novas e, sobre todo, con curtametraxistas".

A organización do Festival de Cans tamén lle outorga o premio Chimpín de Prata Premio Pepe Puime a  Nieves Rodríguez, actriz e presentadora de diferentes programa emitidos en Televisión de Galicia, en recoñecemento ao apoio que fai do festival.

Este ano hai un novo galardón, o Chimpín de Prata Premio Divina Campos, que a organización lle outorga á xornalista do Zigzag da TVG, Pilar Comesaña, unha referencia da información cinematográfica e da cultura en Galicia.

Noticias web

27/03/2019