CRTVG

Buscar

O Festival de Cans acolle a prestrea de 'Eroski Paraíso', a adaptación ao cine da obra de Chévere

Publicado o 23/05/2019 18:54

O Festival de Cans preestrea hoxe un dos filmes máis agardados dos últimos tempos no cinema galego, Eroski Paraíso, participada pola Televisión de Galicia. Trátase da adaptación de Jorge Coira e Xesús Ron da obra de teatro homónima de Chévere.

Cando Chévere decidiu contar no teatro a historia daquela discoteca de Muros chamada Paraíso convertida agora nun Eroski elixiu como protagonista unha rapaza nova decidida a facer un filme sobre aquel lugar e os seus pais. Non sabía a compañía, Premio Nacional de Teatro, que a tortilla daría a volta e acabarían por facer un filme daquela obra de teatro atopando un espazo de experimentación artística metalingüístico e metagalego.

Eroski Paraíso retrata o paso do tempo desde a Galicia dos 80 ata a actual, cunha parella protagonista en que destacan a maxistral Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, guiados en todo momento pola cámara imaxinaria de Cris Iglesias. Emigración, lingua ou urbanismo peneirados pola ollada irónica e melancólica dunha Galicia que pasou do baile ao consumo sen se decatar.

Noticias web

23/05/2019