CRTVG

Buscar

O Festival Cineuropa chega á súa 34º edición e non para pola covid-19

Publicado o 09/11/2020 14:55

Do palmarés da Berlinale, onde recibiu o premio da crítica, chega a Cineuropa Ondina, o último traballo do director alemán Cristhian Petzold. There is no evil, un filme que reflexiona sobre a pena de morte en Irán, valeulle ao director Mohammad Rasolouf o Oso de Ouro en Berlín. Premio á mellor dirección neste mesmo festival, The woman who run, do director coreanao Ho Sang Soo, é o outro dos filmes que forman parte da sección oficial.

Xunto a estes filmes, outras dúas películas premiadas no Festival de Venecia, Queridos camaradas, do director ruso Andrei Konchalovsky, e Nuevo Orden, do director mexicano Michel Franco.

Os premios Cineuropa recoñecen este ano o traballo do actor Javier Gutiérrez e dos directores Alfonso Zarauza e Margarita Ledo, que presentan no Festival os seus últimos filmes: Ons e Nación. En total, 95 películas que poderán verse en Compostela ata o próximo 22 de novembro.




 

Noticias web

09/11/2020