CRTVG

Buscar

O festival 17º Ribeira Sacra volverá a vindeira fin de semana

Publicado o 26/07/2020 15:13

A Ribeira Sacra volverá a encherse de música. Volve o 17º. Esta será unha experiencia máis reducida e diferente pero sen perder a esencia do festival.

A organización fixo unha escolma dos escenarios onse se viña celebrando o festival priorizando os espazos máis amplos. Así, os asistentes poderán gozar tamén este ano, a través da música, do impresionante patrimonio natural da Ribeira Sacra.

O compromiso coa contorna e co turismo da zona levaron a organización a manter esta edición a pesar das dificultades.

Seguro que o esforzo merece a pena e o vindeiro venres, sábado e domingo a Ribeira Sacra volve gozar dun dos festivais máis especiais de Galicia.

Noticias web

26/07/2020